Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Martes, 3 de maio de 2016 Páx. 16505

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de licitación para a prestación do servizo de xestoría laboral (expediente 15/16).

Por acordo da Xunta de Goberno Local, do 14.4.2016, aprobáronse os pregos que rexen a licitación seguinte:

1. Entidade adxudicadora: Concello do Porriño (expediente 15/16).

2. Obxecto do contrato: prestación do servizo de xestoría laboral.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: urxente/aberto.

4. Orzamento base de licitación: 55.660 € (46.000 € máis 9.660 € en concepto de IVE), polo prazo de 2 anos (prorrogable por 1 ano).

5. Garantías: 5 % do importe de adxudicación (sen IVE).

6. Prazo de presentación das proposicións: 8 días naturais desde o día seguinte ao da última publicación deste anuncio no DOG, no BOP e no perfil do contratante do Concello do Porriño (www.contratosdegalicia.es).

7. Apertura das ofertas: segundo o establecido nos pregos.

8. Gastos de anuncios: por conta do licitador que resulte adxudicatario.

9. Páxina onde figuran os datos da convocatoria: www.contratosdegalicia.es

O Porriño, 18 de abril de 2016

Eva García de la Torre
Alcaldesa