Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Martes, 3 de maio de 2016 Páx. 16503

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ordes

ANUNCIO de contratación, mediante procedemento aberto, das obras de acondicionamento do pavillón polideportivo existente e adición de ximnasio.

1. Entidade adxudicadora. Concello de Ordes. Expediente nº 04/C/16. Obtención de documentación e información: rúa Alfonso Senra, 108, 15680 Ordes. Teléfono: 981 68 00 02. Telefax: 981 68 22 21. Correo electrónico: correo@ordes.gal. Perfil do contratante: www.ordes.gal

2. Obxecto do contrato: acondicionamento do pavillón polideportivo existente e adición de ximnasio. Prezo: (258.538,06 €/ano), IVE incluído. Prazo de execución: 73 días naturais. Garantía provisional: non se exixe. Garantía definitiva: 5 por cento do prezo de adxudicación, IVE excluído. CPV (referencia de nomenclatura): 45212200-8, 45212222-8, 45212225-9.

3. Tramitación e procedemento: ordinaria, aberto.

Criterios de adxudicación. Fase I: plan de control interno de calidade, programa de traballo, programa de actuación ambiental, plan de seguridade e saúde. Fase II: porcentaxe destinada a control de calidade, redución de prazos, prezo.

4. Presentación de ofertas. Data límite de presentación: dentro do prazo dos 26 días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio no BOP. Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula 12 (Proposicións. Documentación) do prego de cláusulas administrativas particulares. Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Ordes.

5. Requisitos específicos do contratista. Clasificación: non se exixe. Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional: a que figura na cláusula 12.1.1.G do prego de cláusulas administrativas particulares.

Ordes, 18 de abril de 2016

José Luis Martínez Sanjurjo
Alcalde-presidente