Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Martes, 3 de maio de 2016 Páx. 16440

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 11 de abril de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMT, CT e RBT Fontefría, no concello de Cabana de Bergantiños (expediente IN407A 2014/109-1).

Outorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polas instalacións da instalación eléctrica denominada LMT, CT e RBT Fontefría, no concello de Cabana de Bergantiños (expediente IN407A 2014/109-1), por Resolución desta xefatura territorial do 17 de marzo de 2016, a favor da entidade beneficiaria Unión Fenosa Distribución, S.A., con enderezo na avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Esta xefatura territorial acorda sinalar o día 26 de maio de 2016 (xoves), para o levantamento das actas previas á ocupación, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 do seu Regulamento do 26 de abril de 1957, nas que se describirán os bens ou dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica, contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución no taboleiro de edictos do Concello da Cabana de Bergantiños, deducida da que se someteu a información pública no DOG, no BOP e no xornal La Voz de Galicia con datas do 7.11.2014, 28.10.2014 e 6.11.2014, respectivamente, acto ao que deberán concorrer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios propostos como afectados, aos que se lles practicará notificación individual sinalándoselles os horarios de toma de datos sobre o terreo e do levantamento efectivo das actas nas oficinas da casa do concello.

Cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidas ou se ignore o lugar de notificación, dirixiranse ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destas, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa. Neste caso, igualmente, publicarase un anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

A Coruña, 11 de abril de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña