Expediente: IN407A 2015/287-1.
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Denominación: recuamento LMT, CTC Louro II e anexo 1.
Concello: Muros.
Características técnicas:
Liña eléctrica subterránea a 20 kV, cunha lonxitude de 0,048 km, con orixe en empalmes proxectados na LMTS MUO-804, no tramo entre o CT Fontecomido (expediente 190/2002) e o CT rúa San Francisco, nº 28 (expediente 184/2013), en condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al e final no novo CT Louro II, proxectado.
Novo centro de transformación prefabricado, cunha potencia de 400 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.
Reforma do antigo CT Louro II (15XK24), en caseta de obra civil, proxectándose o desmantelamento de toda a aparellaxe ao aire, instalándose no seu lugar unhas celas modulares de liña, todas elas con illamento SF6.
Lexislación de aplicación:
– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).
– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.
A Coruña, 16 de marzo de 2016
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña