Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Martes, 3 de maio de 2016 Páx. 16436

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (193/2014).

Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 193/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Montserrat Espiña Moure contra Grupo Sifu Galicia, S.L., Limpiezas El Polígono, S.L. e Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), se ditou a seguinte resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Sentenza.

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 2016

Susana Villarino Moure, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, vendo os presentes autos nº 193/2014, promovidos ante este xulgado do social sobre reclamación de cantidade, por instancia de María Montserrat Espiña Moure, asistida pola letrada Rosa Vila Amarelle contra Grupo Sifu Galicia, S.L., que comparece asistida e representada pola letrada Beatriz Rodríguez Hermida, contra Limpiezas El Polígono, S.L., que non comparece, tendo sido citado o Fogasa, que non comparece, ditou a presente sentenza.

Resolución:

Que debo estimar e estimo a demanda presentada por María Montserrat Espiña Moure contra Limpiezas El Polígono, S.L. e Grupo Sifu Galicia, S.L. e, en consecuencia, condeno solidariamente ambas as empresas a aboar á demandante 2.897,87 euros, cantidade que deberá incrementarse cos xuros do artigo 29.3 do ET. Condeno a Fogasa a aterse a esta resolución, de conformidade co artigo 23.6 inciso primeiro da LRXS.

Tense a parte demandante por desistida da restante reclamación de cantidade efectuada na demanda.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo do disposto no artigo 191.3 da LRXS.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino.

A maxistrada xuíza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Limpiezas El Polígono, S.L., en ignorado paradoiro, expido este para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 13 de abril de 2016

A letrada da Administración de xustiza