Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Martes, 3 de maio de 2016 Páx. 16495

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 21 de abril de 2016 pola que se notifica resolución de expediente de incautación da embarcación Laks II depositada en seco no porto de Cariño.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 15/2014, do 16 de setembro (BOE núm. 226, do 17 de setembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase á mercantil Vizcaíno Aramburo, S.L., con último domicilio coñecido en Utebo Park, 10, 1º A, de Utebo, Zaragoza, Resolución do presidente de Portos de Galicia do 8 de abril de 2016, que decreta a incautación, a favor de Portos de Galicia, da embarcación de nome Laks II, con folio 7ª-BA-5-253-99, depositada no porto de Cariño, por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

A resolución emítese por atoparse a embarcación depositada en zona de varada do porto sen autorización e en estado de abandono desde o ano 2012, e polas débedas existentes en concepto de taxas, e unha vez que no BOE núm. 28, do 2 de febreiro de 2016, se publica o acordo de inicio de expediente sen que conste a presentación de alegacións, con base no establecido no artigo 20 do Decreto 130/2013, do 1 de agosto, polo que se regula a explotación dos portos deportivos e das zonas portuarias de uso náutico deportivo de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, na regra décimo quinta de aplicación á tarifa portuaria E-2 prevista na Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, e no artigo 49 do Regulamento de servizo e policía aprobado pola Orde ministerial do 12 de xuño de 1976.

A incautación implica que Portos de Galicia vai proceder ao alleamento da embarcación de acordo e cos efectos establecidos nos anteriores fundamentos. De non ser factible o alleamento en atención ao estado de conservación da embarcación, ou no caso de quedar deserta a venda, Portos de Galicia poderá proceder a trasladar a embarcación a vertedoiro autorizado. Todos os custos que isto implique serán por conta do propietario.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa e é executiva, poderase interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o xulgado do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela que corresponda.

O expediente completo para o seu exame e consulta atópase na sede dos servizos centrais de Portos de Galicia, sitos na praza de Europa, nº 5-A, 6º, Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 21 de abril de 2016

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia