Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 29 de abril de 2016 Páx. 15977

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 20 de abril de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifican os acordos de inicio do procedemento de reintegro correspondentes aos expedientes de reintegro de subvención á promoción do emprego, regulados na Orde do 21 de marzo de 2011 (Diario Oficial de Galicia número 61, do 28 de marzo) relativos ao expediente TR348A 2011/393-5 e un máis.

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, e en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), intentada a notificación dos acordos de inicio do procedemento de reintegro no último domicilio coñecido dos interesados sen que esta se puidese practicar, notifícaselles ás persoas citadas no anexo para que, no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, comparezan persoalmente ou debidamente representadas no Servizo de Emprego e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Vigo; rúa Concepción Arenal, 8-2º (das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres) para ter coñecemento do contido daquelas, advertíndolles de que, de non facelo así, se considerarán notificadas cos efectos que correspondan.

Así mesmo, fáiselles saber o dereito que as asiste para alegar o que máis conveña aos seus intereses no prazo de quince días, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, ante a Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Vigo, 20 de abril de 2016

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

1. Nº de expediente de reintegro: REINT 2016/013-5.

Nº de expediente en xestión: TR348A 2011/393-5.

Nome: Diego Arteta 2002, S.L.

CIF/NIF: B36901858.

Último enderezo coñecido: avenida Camelias, 24, baixo, 36202 Vigo.

Norma reguladora: Orde do 21 de marzo de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos á contratación das persoas traballadoras, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2011.

Feito imputado: non manter, en cómputo anual, e durante 3 anos, o número de persoas traballadoras fixas do seu cadro de persoal.

Precepto infrinxido: incumprimento da base sétima punto 2 do anexo A da mencionada Orde do 21 de marzo de 2011.

Contido do acto administrativo: acordo de inicio do procedemento de reintegro.

Data do acordo: 2.3.2016.

2. Nº de expediente de reintegro: REINT 2016/028-5.

Nº de expediente en xestión: TR348B 2011/079-5.

Nome: Integral Gallega de Servicios y Maquinaria, S.L.

CIF/NIF: B36988004.

Último enderezo coñecido: avenida Ricardo Mella, 119, 36312 Vigo.

Norma reguladora: Orde do 21 de marzo de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos á contratación das persoas traballadoras, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2011.

Feito imputado: non manter, no seu cadro de persoal fixo as persoas traballadoras subvencionadas, durante un período mínimo de 3 anos.

Precepto infrinxido: incumprimento da base sétima punto 1 do anexo B da mencionada Orde do 21 de marzo de 2011.

Contido do acto administrativo: acordo de inicio do procedemento de reintegro.

Data do acordo: 10.3.2016.