Con data do 15 de febreiro de 2016, a xefa territorial da Consellería de Sanidade en Ourense ditou resolución do expediente sancionador 2015095AL-OU, incoado a Altega, S.L., con CIF B32267106, sita na rúa Murillo, 20, Ourense, como titular do establecemento Albergue Xuvenil Os Biocos.
Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícase a Altega, S.L., con CIF B32267106, sita na rúa Murillo, 20, Ourense, como titular do establecemento Albergue Xuvenil Os Biocos, o contido da referida resolución que figura como anexo para que poida ter coñecemento dela.
Así mesmo, fáiselle saber o dereito que lle asiste para interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o seguinte á publicación da presente cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial sita na avenida de Zamora, nº 13 de Ourense, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.
En caso de conformidade co contido desta resolución, o aboamento voluntario da sanción poderá facerse no seguinte prazo: 1) as notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte, e 2) as notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte; todo isto mediante o ingreso que poderá efectuar en calquera oficina de Abanca; en BBVA transacción 1316, NIF S1511001H, ou en Banco Santander, empregando os impresos normalizados que se lle facilitarán nas dependencias desta xefatura territorial. O pagamento voluntario porá fin ao expediente; de non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.
A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado en cumprimento co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e queda supeditada a eficacia desta notificación á sua publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Ourense, 31 de marzo de 2016
María Villar Suárez
Xefa territorial de Ourense
ANEXO
Expediente sancionador: 2015095AL-OU.
Interesada: Altega, S.L., como titular do establecemento Albergue Xuvenil Os Biocos.
DNI/NIF/CIF: B32267106.
Último enderezo coñecido: rúa Murillo, 20, Ourense.
Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.
Preceptos infrinxidos: Regulamento (CE) nº 852/2004, de 29 de abril.
Tipificación: leve.
Sanción proposta: oitocentos euros (800,00 €).