Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 29 de abril de 2016 Páx. 15975

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Xove (expediente IN407A 2016/16-2, 8324 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

Domicilio social: Polígono Empresarial As Gándaras, rúa A, parcela U2, Lugo.

Denominación: reforma da LMTA de entrada ao CTC 5426 Lago Rúa.

Situación: concello de Xove.

Características técnicas:

1. Liña de media tensión aérea con orixe nun apoio existente da liña de media tensión Espiñeirido 1, e final nun apoio proxectado na liña de media tensión Espiñeirido 1, tipo C-7000/16, en conductor LA-110.

2. Liña de media tensión subterránea con orixe no apoio proxectado C-7000/16 e final no CTC Lago Rúa, cunha lonxitude de 40 metros en condutor RHZ1-95.

Reforma do centro de transformación Lago Rúa, potencia 250 kVA.

Obra civil: consistente na construción dun foso de recollida de aceite, rotura da parede do CT para o paso de tubos de MT e BT, revestimento e revocadura de paramentos e teito, etc.

Obra eléctrica: consistente na instalación dun novo cadro de BT, relocalización de concentrador, realización de novas pontes entre o CT e as celas de media tensión e entre o CT e o cadro de baixa tensión.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla, nº 70, baixo 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.

Lugo, 11 de abril de 2016

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo