Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 29 de abril de 2016 Páx. 15973

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Lugo (expediente IN407A 2016/17-2, 8325 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

Domicilio social: Polígono Empresarial As Gándaras, rúa A, parcela U2, Lugo.

Denominación: soterramento da LMT Rábade, 1-2, tramo: P1-P3, rúa dos Canteiros (O Ceao).

Situación: concello de Lugo.

Características técnicas:

1. Liña de media tensión aérea con orixe nun apoio proxectado P-2 da LMT Rábade 1-2, tipo C-7000-16, e final no apoio existente P-6 da mesma liña, cunha lonxitude de 471 metros, en condutor LA-110 existente.

2. Liña de media tensión subterránea en dobre circuíto con orixe nos empalmes proxectados na LMT Rábade 1 e Rábade 2 e final nun paso aéreo a subterráneo, situado no apoio proxectado C-7000/16, cunha lonxitude de 366 metros de condutor tipo RHZ1-240 e 162 metros de canalización.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla nº 70, baixo 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.

Lugo, 11 de abril de 2016

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo