Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 29 de abril de 2016 Páx. 15967

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 27 de abril de 2016, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se anuncia a corrección de erros, na versión en lingua castelá, do prego de prescricións técnicas da contratación documentalmente simplificada, polo procedemento aberto, non suxeito a regulación harmonizada, con varios criterios de adxudicación, da redacción do proxecto básico e de execución dunha pista de atletismo hidráulica cuberta e a execución da obra de instalación da pista, no recinto feiral de Expourense en Ourense, publicado en virtude da Resolución do 12 de abril de 2016 (expediente 1/2016).

No Diario Oficial de Galicia núm. 72, do 15 de abril, publicouse a Resolución do 12 de abril de 2016, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se anuncia a contratación documentalmente simplificada, polo procedemento aberto, non suxeito a regulación harmonizada, con varios criterios de adxudicación, da redacción do proxecto básico e de execución dunha pista de atletismo hidráulica cuberta e a execución da obra de instalación da pista, no recinto feiral de Expourense en Ourense (expediente 1/2016).

Advertidos erros na versión castelá do documento do prego de prescricións técnicas que rexe esta contratación, procédese a levar a cabo unha corrección que se fará pública no seguinte enderezo do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=24064

Publicada no referido perfil a versión correcta do prego de prescricións técnicas en idioma galego, considérase que esta corrección en idioma castelán non afecta o prazo de presentación de ofertas recollido inicialmente no número 9 da Resolución do 12 de abril de 2016.

Santiago de Compostela, 27 de abril de 2016

José Ramón Lete Lasa
Secretario xeral para o Deporte