Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 29 de abril de 2016 Páx. 15968

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 7 de abril de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se acorda publicar o emprazamento para o trámite de audiencia no expediente de cancelación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia por non ser posible a notificación persoal á persoa interesada (expediente AC-2010/00669 e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de examinar a solicitude de cancelación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia presentada de xeito individual polo outro membro da parella, notifícaselle á persoa abaixo relacionada o emprazamento para o trámite de audiencia co fin de proceder á oportuna resolución definitiva do expediente, de acordo co previsto no artigo 23.3 do Decreto 248/2007, do 20 de decembro, polo que se crea e se regula o Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, na súa redacción dada polo Decreto 146/2014, do 13 de novembro. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

O expediente relacionado atópase á disposición do interesado na Xefatura Territorial da Coruña, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña, para que poida consultalo e formular as alegacións e xustificacións que considere oportunas, durante un prazo de quince días hábiles desde a publicación desta resolución.

Unha vez transcorrido este prazo e á vista das alegacións, documentos e xustificacións que se presentasen, ditarase a resolución que corresponda.

A Coruña, 7 de abril de 2016

María Barreiro Lázare
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Expediente

Nome e apelidos

NIF/NIE/pasaporte

AC-2010/00669

Dante Boubacar

B0299450

AC-2013/00130

Nancy Cabral Figuereo

Y0075975C

AC-2013/00720

Kelven Oteng

H2361681