Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 29 de abril de 2016 Páx. 15965

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 15 de abril de 2016, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se somete a información pública a solicitude de licenza para a prestación do servizo público de comunicación audiovisual radiofónica do Concello da Lama (Pontevedra).

O Concello da Lama (Pontevedra) presentou o 20 de novembro de 2015 unha solicitude de licenza para a prestación do servizo público de comunicación audiovisual radiofónica.

A Secretaría de Estado de Telecomunicacións e para a Sociedade da Información, a través da Subdirección Xeral de Planificación e Xestión do Espectro Radioeléctrico da Dirección Xeral de Telecomunicacións, resolveu, con data do 1 de abril de 2016, acordar a reserva provisional de frecuencia a favor deste municipio, unha vez que se indicou a súa viabilidade técnica e se cumpriron os requisitos exixidos no artigo 4.b) e c) do Real decreto 1273/1992, do 23 de outubro, polo que se regula o outorgamento de concesións e a asignación de frecuencias para a explotación do servizo público de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia polas corporacións locais.

Segundo o artigo 26 do Decreto 102/2012, do 29 de marzo, que desenvolve o servizo de comunicación audiovisual radiofónica no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, previamente ao outorgamento da licenza para a prestación do servizo público de comunicación audiovisual radiofónica por entidades locais, é necesario avaliar se o novo servizo se axusta á misión de servizo público e se altera a competencia no mercado audiovisual, co obxecto de que o resto dos prestadores do servizo de comunicación audiovisual radiofónica do mesmo ámbito de cobertura formulen as alegacións que consideren convenientes.

RESOLVO:

Someter ao trámite de información pública por un período de 20 días hábiles, contados desde o día seguinte ao da data de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, a solicitude do Concello da Lama (Pontevedra) dunha licenza para a prestación do servizo público de comunicación audiovisual radiofónica coas seguintes características:

Municipio

A Lama

FMHz (frecuencia de emisión en megahercios)

107.2

Lonxitude

00822633

Latitude

42N2351

Cota (en metros, do centro emisor)

445

HEFX (altura efectiva máxima da antena en metros)

37,5

PRAH (potencia radiada aparente máxima da compoñente horizontal, en quilovatios)

0,025

PRAV (potencia radiada aparente máxima da compoñente vertical, en quilovatios)

0,025

P (polarización da emisión)

Mixta

D (característica de radiación)

Non directiva

Os prestadores do servizo de comunicación audiovisual do mesmo ámbito de cobertura que se consideren afectados poderán presentar as súas alegacións nesta secretaría xeral, Edificio Administrativo San Caetano, 15781 Santiago de Compostela, no prazo de vinte (20) días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar a citada solicitude.

Santiago de Compostela, 15 de abril de 2016

Mar Sánchez Sierra
Secretaria xeral de Medios