Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 28 de abril de 2016 Páx. 15743

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (793/2012).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 793/2012 por instancia de José Vázquez Santos contra as empresas Fernando Romay Vázquez, Transportes Roma y Rey, S.L., Inditex, S.A., a empresa Mercantil Breogán Transportes, S.A., a empresa Feberal Logística, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre reclamación de cantidade, nos cales se ditou sentenza o 30 de marzo de 2016 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolución:

Estímase parcialmente a demanda interposta por José Vázquez Santos fronte a Fernando Romay Vázquez, as empresas Transportes Roma y Rey, S.L., Inditex, S.A., Feberal Logística, S.L. e Breogán Transporte, S.A., con intervención do Fondo de Garantía Salarial, con desestimación das excepcións de falta de lexitimación pasiva e falta de acción opostas pola empresa Inditex, S.A. e, en consecuencia:

– Absólvese a Inditex, S.A. e Breogán Transporte, S.A. das pretensións fronte a eles exercidas.

– Condénase a Fernando Romay Vázquez a aboar a José Vázquez Santos a cantidade de tres mil corenta e nove euros con dezanove céntimos de euro (3.049,19 euros).

– Condénase a Transportes Roma y Rey, S.L. a aboar a José Vázquez Santos a cantidade de nove mil corenta e seis euros con sesenta e un céntimos de euro (9.046,61 euros).

Das devanditas cantidades responderá con carácter solidario a empresa Feberal Logística, S.L.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Feberal Logística, S.L. expido e asino a presente.

A Coruña, 7 de abril de 2016

A secretaria xudicial