Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 28 de abril de 2016 Páx. 15745

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (339/2013).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dá fe e certifica que neste xulgado se seguen autos número 339/2013 por instancia de José Luis Torres Arcas contra La Mercantil Gestión y Servicios de Obras en Madera, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial sobre cantidade, en que recaeu sentenza en data do 30.3.2016 que, copiada en los particulares necesarios, di así:

Resolución:

Estímase a demanda interposta por José Luis Torres Arcas fronte á empresa Gestión y Servicios de Obras en Madera, S.L., con intervención do Fogasa e, en consecuencia:

Condena a empresa Gestión y Servicios de Obras en Madera, S.L. a aboar a José Luis Torres Arcas a cantidade de cinco mil quiñentos setenta euros con setenta e nove céntimos de euro (5.570,79 euros).

Notifíquese a resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución bastando a manifestación da parte ou do seu avogado graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado e facer constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Gestión y Servicios de Obras en Madera, S.L. expido e asino a presente notificación.

A Coruña, 7 de abril de 2016

A secretaria xudicial