Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 28 de abril de 2016 Páx. 15746

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (1302/2012).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza accidental do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de Seguridade Social 1302/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mutua Galega de Accidentes de Traballo contra Tapiz Fogar, S.L., Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Jesús Manuel Díaz Dubra sobre Seguridade Social, se ditou auto de aclaración de sentenza cuxa parte disposistiva di:

Non ten lugar á solicitude da representación letrada da Mutua Galega de Accidentes de Traballo, de aclarar a Sentenza do 24 de novembro de 2015 ditada neste procedemento.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución, facéndolles saber que contra este auto non cabe interpoñer recurso ningún distinto ao que, se é o caso, se poida interpoñer fronte á resolución cuxa aclaración se solicitou, cuxo prazo se continuará coa notificación da presente resolución.

Así o acorda e asina, Pilar Carreira Vidal, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 5 da Coruña. Dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Tapiz Fogar, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

A Coruña, 11 de marzo de 2016

A secretaria xudicial