Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 26 de abril de 2016 Páx. 15374

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (1062/2013).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1062/2013 deste xulgado do social, seguidos por instancia de María del Carmen Rodríguez Lodeiro contra a empresa Restauraciones Pico Fino A Coruña, S.L., Fogasa, Carlos Muñoz Seijas, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se achega:

«Sentenza.

A Coruña, 17 de marzo de 2016.

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, despois de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co nº 1062/2013 sendo parte neste, dun lado como demandante María del Carmen Rodríguez Lodeiro, asistida pola letrada Tatiana Cabanas Piñol, e como demandado a entidade Restauraciones Pico Fino que non comparece, sobre reclamación de cantidade, pronunciou en nome do rei, a seguinte sentenza:

Antecedentes de feito.

Primeiro. Pola parte demandante presentouse demanda que por quenda correspondeu a este Xulgado do Social número 2 da Coruña, na que, tras expoñer os feitos e alegar os fundamentos de dereito que considerou pertinentes, remataba suplicando que se ditase sentenza conforme o pedido.

Segundo. Admitida a trámite a devandita demanda, sinalouse a celebración do acto de xuízo e este celebrouse na data sinalada en todas as súas fases co resultado que consta na acta redactada para o efecto e que quedou debidamente gravado no correspondente soporte CD. Unha vez concluído o acto do xuízo, quedaron os autos vistos para ditar sentenza.

Terceiro. Na tramitación dos presentes autos observáronse as normas legais de procedemento.

Decido que, estimando a demanda interposta pola demandante María del Carmen Rodríguez Lodeiro, con citación do Fogasa, debo condenar e condeno a empresa Restauraciones Pico Fino Coruña S.L. e Juan Carlos Muñoz Seijas a que aboen solidariamente á demandante a cantidade de 1.028,86 euros polos conceptos reclamados en demanda.

Notifíqueselles esta resolución ás partes ás que se fará saber que contra esta non cabe recurso de suplicación.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Restauraciones Pico Fino A Coruña, S.L., e ao seu representante legal Carlos Muñoz Seijas, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

A Coruña, 6 de abril de 2016

A letrada da Administración de Xustiza