Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 26 de abril de 2016 Páx. 15368

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Vigo

EDICTO (940/2014).

Pilar Sández González, secretaria xudicial do Xulgado de Primera Instancia número 2 de Vigo, polo presente,

Anuncio:

No presente procedemento ordinario 940/2014 seguido por instancia de Banque Psa Finance, Sucursal en España fronte a Carlos González Carrasco ditouse sentenza, cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«Sentenza. En Vigo, 16 de novembro de 2015.

Vistos por min, Mª Belén Martínez Pato, maxistrada-xuíza do Xulgado de Primera Instancia número 2 desta cidade e o seu partido xudicial, os autos de xuízo ordinario nº 940/2014, promovidos pola entidade Banque Psa Finance Sucursal en España, representada polo procurador dos tribunais Andrés Gallego Martín-Esperanza e asistida polo letrado Cándido Francisco Rivera, contra Carlos González Carrasco, en rebeldía procesual, autos dos que resultan os seguintes.

Decido

Que debo estimar e estimo parcialmente a demanda interposta pola entidade Banque Psa Finance Sucursal en España, representada polo procurador dos tribunais Andrés Gallego Martín Esperanza, contra Carlos González Carrasco, en rebeldía procesual, e condeno o citado demandado a satisfacer á demandante a cantidade de novecentos trinta e catro euros con sesenta e oito céntimos (934,68 euros) máis os xuros legais.

Non se efectúa expresa imposición de custas.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que non é firme e fronte a ela cabe interpoñer no prazo de vinte días recurso de apelación ante este xulgado do que coñecerá, se é o caso, a Audiencia Provincial de Pontevedra.

Así, por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente nesta instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E encontrándose o devandito demandado, Carlos González Carrasco, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Vigo, 19 de xaneiro de 2016

A secretaria xudicial