Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 26 de abril de 2016 Páx. 15366

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4842/2015).

M. Asunción Barrio Rúa, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 4842/2015 desta sección, seguido por instancia do Fogasa contra Mauricio Manuel Leis Baña, Unitec Técnicas Unidas, S.L.; Administración Concursal de Unitec Técnicas Reunidas, S.L., sobre resolución de contrato, se ditou a sentenza cuxa parte dispositiva é do seguinte particular:

«Resolvemos:

Que, co rexeitamento do recurso interposto polo Fondo de Garantía Salarial, confirmamos a sentenza que con data 23.6.2015 foi ditada en autos tramitados polo Xulgado do Social número 5 dos da Coruña, por instancia de Mauricio Manuel Leis Baña e pola que se acolleu a demanda formulada.

Así mesmo, condenamos a parte recorrente a que polo concepto de honorarios satisfaga 601 € ao letrado da parte contra a que se recorre. E igualmente acordamos, se é o caso, a perda do depósito constituído e o destino legal para a consignación efectuada (aval presentado).

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina que se debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 35, seguida dos catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo de observacións ou concepto da transferencia os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, incorporando o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao Xulgado do Social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentencia, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Unitec Técnicas Unidas, S.L., en paradoiro ignorado, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 6 de abril de 2016

A letrada da Administración de xustiza