Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 26 de abril de 2016 Páx. 15404

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 13 de abril de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía, Emprego e Industria, polo que se notifica a resolución do recurso de reposición RRS-CEI-7/15.

O 11 de marzo de 2016 o secretario xeral técnico da Consellería de Economía, Emprego e Industria, en uso da competencia delegada polo conselleiro en virtude da Orde do 10 de decembro de 2014 (DOG núm. 3, do 7 de xaneiro), ditou resolución do recurso de reposición nº RRS-CEI-7/15 interposto pola Comunidade de Propietarios Rúa Xeneral Tella, nº 1, de Lugo.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase á Comunidade de Propietarios Rúa Xeneral Tella, nº 1, de Lugo a resolución antes referida.

A interesada poderá recoller a notificación da resolución mediante comparecencia, nas dependencias do Servizo Técnico-Xurídico da Consellería de Economía, Emprego e Industria, situadas no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4º andar, 15781 Santiago de Compostela, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Contra a referida resolución, que é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer, recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa comparecencia ou polo transcurso do prazo establecido no parágrafo anterior sen que a interesada compareza.

Santiago de Compostela, 13 de abril de 2016

Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía,
Emprego e Industria