Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 26 de abril de 2016 Páx. 15405

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 4 de abril de 2016 pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo, suxeito a regulación harmonizada, para a limpeza en varios centros dependentes da Xefatura Territorial da Coruña (área Cultura): Museo de Belas Artes da Coruña, as dúas sedes do Museo das Peregrinacións e de Santiago, Arquivo do Reino de Galicia na Coruña, Biblioteca Pública Miguel González Garcés na Coruña e Biblioteca Pública Ánxel Casal en Santiago de Compostela (contratación documentalmente simplificada).

De acordo co previsto no artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23605

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 215, do 11 de novembro; DOUE núm. 2015/S 213-389502, do 4 de novembro; BOE núm. 280, do 23 de novembro de 2015.

2. Obxecto do contrato.

Tipo: servizos, suxeito a regulación harmonizada.

Descrición: servizo para a limpeza en varios centros dependentes da Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (área Cultura): Museo de Belas Artes da Coruña, as dúas sedes do Museo das Peregrinacións e de Santiago, Arquivo do Reino de Galicia na Coruña, Biblioteca Pública Miguel González Garcés na Coruña e Biblioteca Pública Ánxel Casal en Santiago de Compostela.

Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria, anticipada de gasto e con pluralidade de criterios.

b) Procedemento: aberto.

3. Orzamento base de licitación: 294.388,43 €, IVE excluído.

4. Formalización do contrato.

a) Data da adxudicación: 23 de febreiro de 2016.

b) Data da formalización do contrato: 17 de marzo de 2016.

c) Contratista: Maga Limpiezas, S.L.

d) Importe de adxudicación: 269.648,95 €, IVE excluído.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, logo da aplicación dos criterios de adxudicación que se establecen no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2016

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
P.D. (Orde do 25.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria