Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 26 de abril de 2016 Páx. 15403

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 5 de abril de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a afección dun predio por unha instalación eléctrica prevista no termo municipal de Bueu, na provincia de Pontevedra.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, as notificacións que non se puidesen practicar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), quedando supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Polo anterior e sendo descoñecido o propietario do predio que se sinala no anexo, a continuación publícase o presente anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Sen prexuízo do anterior e en virtude do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Infórmaselles aos interesados que o expediente correspondente á instalación eléctrica (expediente IN407A 2016/40-4) atópase á súa disposición durante un prazo de 20 días nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Pontevedra, rúa Fernández Ladreda, nº 43, 5º andar (Servizo de Enerxía e Minas), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Pontevedra, 5 de abril de 2016

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Enderezo

Referencia catastral

Concello

Rodeadas, Bueu

36004A031001640000QS

Bueu