Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 26 de abril de 2016 Páx. 15381

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 22 de marzo de 2016, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica o inicio do expediente administrativo sobre exclusión da bolsa de interinos dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza (expediente OU-103/2015).

Ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e logo de intentar a notificación ao interesado que se indica a continuación sen que se puidese practicar, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que resolvo publicar por este medio que se ditou resolución de inicio do expediente administrativo sobre exclusión da bolsa de interinos dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza (expediente OU-103/2015). A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE).

O expediente relacionado atópase á disposición do interesado para que, de ser o caso, poida consultalo na citada Xefatura Territorial de Ourense, situada na avda. da Habana, 79, 2º, 32004 Ourense.

O que se notifica de acordo coa normativa indicada.

Ourense, 22 de marzo de 2016

Manuel Pardo Cid
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Nº expediente

Interesada

NIE

OU-103/2015

Mª Carmen Noguera García

27453716L