Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 26 de abril de 2016 Páx. 15382

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se fai pública a formalización do contrato relativo ao servizo de limpeza de diversos edificios xudiciais da Xunta de Galicia (catro lotes).

Para os efectos previstos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización dos seguintes contratos administrativos de servizos:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número do expediente: 2015-SESE 14-15-16-17/EM.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22985

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición: servizo de limpeza de diversos edificios xudiciais da Xunta de Galicia (catro lotes).

c) División por lotes e número de lotes: catro.

Lote 1: edificios xudiciais da Xunta de Galicia na provincia da Coruña.

Lote 2: edificios xudiciais da Xunta de Galicia na provincia de Lugo.

Lote 3: edificios xudiciais da Xunta de Galicia na provincia de Ourense.

Lote 4: edificios xudiciais da Xunta de Galicia na provincia de Pontevedra.

d) CPV: 90919200-4 (servizos de limpeza de oficinas).

e) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de la Unión Europea, Boletín Oficial del Estado e Diario Oficial de Galicia.

f) Data de publicación do anuncio de licitación: 8.7.2015, 14.7.2015 e 24.7.2015, respectivamente.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria e contratación suxeita a regulación harmonizada.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: lote 1: 2.629.342,98 €; lote 2: 1.172.026,76 €; lote 3: 1.246.100,12 €; lote 4: 1.714.565,38 €.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: lote 1: 1.011.285,76 €; lote 2: 450.779,52 €; lote 3: 479.269,28 €; lote 4: 659.448,22 €.

Importe total: lote 1: 1.223.655,76 €; lote 2: 545.443,22 €; lote 3: 579.915,82 €; lote 4: 797.932,34 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 26 de febreiro de 2016.

b) Data de formalización do contrato: 18 de marzo de 2016.

c) Contratista: Clece, S.A.

d) Importe de adxudicación:

Importe neto: lote 1: 1.011.285,00 €; lote 2: 450.779,50 €; lote 3: 460.730,32 €; lote 4: 659.447,00 €.

Importe total: lote 1: 1.223.654,85 €; lote 2: 545.443,20 €; lote 3: 557.483,69 €; lote 4: 797.930,87 €.

e) Vantaxes das ofertas adxudicatarias: ofertas economicamente máis vantaxosas.

Santiago de Compostela, 11 de abril de 2016

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza