Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 26 de abril de 2016 Páx. 15379

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 145/2015).

Execución de títulos xudiciais 145/2015

Procedemento orixe: seguridade social 301/2013

Sobre seguridade social

Demandante: Fremap

Avogado: Guillermo Amigo Estrada

Demandado: Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS)

Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais número 145/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fremap, Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales de la Seguridad Social nº 61, contra a empresa Casal Munín, S.L., sobre reclamación de cantidade, ditouse auto o 31 de marzo de 2016, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Parte dispositiva do auto:

«Parte dispositiva

Non procede continuar a execución fronte ao INSS.

Arquívense provisionalmente as actuacións logo de anotación no libro correspondente e sen prexuízo de continuar a execución se a partir deste momento se coñecen novos bens do executado Casal Munín, S.L.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela poden interpoñer recurso de reposición no prazo de tres días desde a súa notificación.

Así o acordo, mando e asino.

A maxistrada xuíza»

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que sirva de notificación a Casal Munín, S.L. expido o presente.

Santiago de Compostela, 5 de abril de 2016

A letrada da Administración de xustiza