Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 25 de abril de 2016 Páx. 15252

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 297/2015).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 297/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Carolina María Maneiro Fernández contra Andaina Servizos Sociais, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, se ditou a seguinte resolución:

«Decreto:

Letrada da Administración de xustiza, María Teresa Vázquez Abades.

En Santiago de Compostela o cinco de abril de dous mil dezaseis.

Antecedentes de feito:

Primeiro. Por parte de Carolina María Maneiro Fernández presentouse solicitude de execución de sentenza nº 348/2015, ditada no P.O. 625/2012 fronte a Andaina Servizos Sociais, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial e, atendendo á dita solicitude, con data do 21.1.2016, este órgano xudicial ditou auto en que despachaba orde xeral de execución pola cantidade de 1.346,75 euros en concepto de principal (1.007,92 euros en concepto de salarios e 338,83 en concepto de xuros do 29.3 do ET), máis outros 134,67 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan percibir durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Segundo. Consta nas actuacións a declaración previa de insolvencia da parte aquí executada Andaina Servizos Sociais, S.L., realizada polo Decreto do 15.2.2016, ditado polo Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela.

Terceiro. Para cumprir o requisito que se contén no artigo 276.3 da LXS, ditouse con data do 7.3.2016 decreto en que se daba audiencia previa á parte demandante e ao Fondo de Garantía Salarial para que sinalasen, se é o caso, a existencia de novos bens co resultado que consta en autos.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. Dispón o artigo 276.3 da LXS que, declarada xudicialmente a insolvencia dunha empresa, iso será base suficiente para aceptar a súa pervivencia noutras execucións e poder ditarse o decreto de insolvencia sen necesidade de reiterar as indagacións de bens do artigo 250 desta lei. Debe darse audiencia previa á parte demandante e ao Fondo de Garantía Salarial para que sinalen a existencia de novos bens.

Segundo. Na presente executoria cumpríronse os requisitos e trámites de indagación de bens establecidos nos artigos 250 e 276 da LXS, que supón concluír respecto da executada a pervivencia da situación de insolvencia ao non se coñecer novos bens daquela sobre os que facer efectivas as actividades de execución, polo que procede, cumprindo o efecto previsto no artigo 276.2 da LXS, declarar a insolvencia total, que haberá de entenderse provisional para todos os efectos, ata que se coñezan novos bens ao executado.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva:

Acordo:

a) Declarar a executada Andaina Servizos Sociais, S.L. en situación de insolvencia total por importe de 1.346,75 euros en concepto de principal (1.007,92 euros en concepto de salarios e 338,83 en concepto de xuros do 29.3 do ET), máis outros 134,67 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan percibir durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución, se a partir deste momento se coñecen novos bens do executado.

c) Unha vez que asine esta resolución, procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

Notifíquese ás partes facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso os profesionais designados, sinalarán un domicilio e os datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos. Será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interporse ante quen dita a resolución no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da notificación desta, con expresión da infracción cometida nesta a xuízo do recorrente (artigo 188 da LXS). O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta nº 0049 3569 9200 0500 1274 no Banco Santander, S.A., e debe indicar no campo concepto «recurso», seguido do código «31 social-revisión de resolucións secretario xudicial». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluílo tras a conta referida, separado por un espazo coa indicación «recurso» seguida de «31 social-revisión de resolucións secretario xudicial». Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución contra a que se recorre utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento en todo caso o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes destes. A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Andaina Servizos Sociais, S.L., en paradoiro ignorado, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de abril de 2016

A letrada da Administración de xustiza