Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 25 de abril de 2016 Páx. 15255

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 29 de marzo de 2016, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia en materia de residuos (expediente OU-131/2015 RE).

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, emprázase o interesado que se sinalan no anexo para ser notificado por comparecencia, ao non ser posible a súa notificación a través do servizo de Correos.

Os actos foron adoptados pola xefa territorial. A súa eficacia queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

A comparecencia efectuarase no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, na sede desta xefatura territorial, sita na rúa do Paseo, nº 18, 5º andar, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

Ourense, 29 de marzo de 2016

Victoria Núñez López
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Expediente: OU-131/2015 RE.

Denunciado: Daniel Ionel Loprich.

Acto notificado: resolución de expediente.