Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 25 de abril de 2016 Páx. 15256

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

CÉDULA do 30 de marzo de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se lle notifica á persoa interesada o requirimento de emenda da solicitude por comparecencia para a inscrición no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade cos artigos 58, 59.5 e 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, logo de que se intentase en dúas ocasións a notificación persoal no último domicilio coñecido, emprázase á persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada do requirimento de emenda da solicitude por comparecencia para a inscrición no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, na sede da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, rúa Alcalde Hevia, 7, 2ª planta, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido ese prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación. A eficacia desta cédula quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

Pontevedra, 30 de marzo de 2016

José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Credencial

Nome e apelidos

DNI/NIE

Enderezo

CP

Concello

25218

María Fe Rodríguez Prol

76703572K

Torrente Ballester, 6, 6º I

36204

Vigo