Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 25 de abril de 2016 Páx. 15185

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Valedor do Pobo

RESOLUCIÓN do 15 de abril de 2016 pola que se nomean os membros da Comisión de Transparencia creada pola Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.

A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, crea no artigo 33.1, a Comisión de Transparencia como órgano colexiado independente adscrito ao Valedor do Pobo. A este órgano correspóndelle a resolución das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública que establece o artigo 28 desta lei.

O artigo 33.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, determina a composición da citada comisión, recolle expresamente quen desempeña a Presidencia e a Vicepresidencia, e establece que as vogalías corresponderán a una persoa que represente os seguintes órganos, organismos e federación:

– Comisión Interdepartamental de Información e Avaliación da Xunta de Galicia.

– Consello Consultivo de Galicia.

– Consello de Contas.

– Federación Galega de Municipios e Provincias.

O procedemento de nomeamento dos vogais está suxeito ao disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no seu capítulo II do título II, relativo aos órganos colexiados.

A Presidencia corresponde por lei ao titular da institución do Valedor do Pobo. A persoa adxunta ao Valedor do Pobo substituirá a presidenta cando sexa preciso por calquera causa. Será suplente do adxunto a persoa que desempeñe a Secretaría Xeral da Institución do Valedor do Pobo.

Unha vez recibidas todas as propostas, respectando o principio de presenza equilibrada de mulleres e homes, procede acordar:

Nomear como vogais integrantes da Comisión de Transparencia:

– Pola Comisión Interdepartamental de Información e Avaliación da Xunta de Galicia:

Titular: Natalia Prieto Viso.

Suplente: Javier Enrique Fraga Campo.

– Polo Consello Consultivo de Galicia.

Titular: Ana María López Guizán.

Suplente: María José Quintana Acebo.

– Polo Consello de Contas.

Titular: Isabel Torralba Mena.

Suplente: Antonio Alonso Rodríguez.

– Pola Federación Galega de Municipios e Provincias:

Titular: Eduardo Ramande Rodríguez.

Suplente: Andrés Núñez González.

Os membros nomeados tomarán posesión dos seus cargos, ante a valedora do pobo, na primeira convocatoria da comisión que se declarará constituída e entrará no exercicio das súas funcións.

Santiago de Compostela, 15 de abril de 2016

Milagros María Otero Parga
Valedora do pobo