Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 25 de abril de 2016 Páx. 15184

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería do Mar

ORDE do 13 de abril de 2016 pola que se dispón o nomeamento dun vogal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vigo.

O texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, no seu artigo 30 atribúe ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vogais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese do Estado situadas no seu territorio, que se deberán facer necesariamente por proposta das administracións públicas e dos organismos e entidades que aqueles representen.

O Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 16 de setembro de 2010, faculta a persoa titular da consellería competente en materia de portos para o exercicio das ditas competencias.

Polo exposto, en exercicio da facultade atribuída, por proposta da Confederación de Empresarios de Pontevedra,

DISPOÑO:

O nomeamento de Jorge Cebreiros Arce como vogal no Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vigo, en representación das organizacións empresariais.

Santiago de Compostela, 13 de abril de 2016

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Mar