Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 20 de abril de 2016 Páx. 14519

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 5 de abril de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan as interesadas para seren notificadas por comparecencia en diversos expedientes de reclamacións.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, as notificacións que non poidan practicarse faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e queda supeditada a súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Polo anterior e logo de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido as interesadas que se sinalan no anexo, a continuación publícase o presente anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Sen prexuízo do anterior e en virtude do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación no BOE deste anuncio, ante a Xefatura Territorial de Economía e Industria da Coruña, Edificio Administrativo Monelos, 2º andar (Sección Xestión), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 5 de abril de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Interesadas

Nº expediente

Acto que se notifica

Concello

Cedonia, S.L. Sybula

E.S.C.2015/20

Resolución

A Coruña

Itinere Retail, S.L. Dick&Paul

E.S.C. 2015/3

Proposta de resolución

A Coruña

Luxurissime, S.L.

E.S.C. 2015/2

Acordo de inicio

A Coruña