Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 20 de abril de 2016 Páx. 14521

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 6 de abril de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía, Emprego e Industria, polo que se notifica a resolución do recurso de alzada RAI-PO-181/11.

O 12 de febreiro de 2016 o secretario xeral técnico da Consellería de Economía, Emprego e Industria, en uso da competencia delegada polo conselleiro en virtude da Orde do 10 de decembro de 2014 (DOG nº 3, do 7 de xaneiro), ditou resolución do recurso de alzada RAI-PO-181/11 interposto por Diana del Carmen Condolo Vega.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase a Diana del Carmen Condolo Vega a resolución antes referida.

A interesada poderá recoller a notificación da resolución mediante comparecencia, nas dependencias do Servizo Técnico-Xurídico da Consellería de Economía, Emprego e Industria, situadas no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4ª planta, 15781 Santiago de Compostela, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Contra a referida resolución, que é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa comparecencia ou polo transcurso do prazo establecido no parágrafo anterior sen que a interesada compareza.

Santiago de Compostela, 6 de abril de 2016

Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía, Emprego e Industria