1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.
c) Número do expediente: 2016-SESE 21-Lp.
2. Obxecto do concurso:
a) Descrición: adaptación do Complexo do Antigo Hospital Xeral como futura Cidade da Xustiza de Vigo.
b) División por premios: tres premios e tres accésits.
c) Lugar de execución: Vigo.
d) Prazo de execución: o concurso desenvolverase de acordo coas fases e co calendario establecido no prego de bases.
e) CPV: 71243000.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
a) Tramitación: ordinaria e suxeita á regulación harmonizada.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso de ideas, con intervención de xurado, a nivel de anteproxecto e de acordo co establecido nos artigos 184 e seguintes do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.
4. Orzamento total dos premios:
Importe total: 177.000 €.
Desagregación por premios:
– Gañador do concurso e primeiro premio: 70.000 €.
– Segundo premio: 40.000 €.
– Terceiro premio: 30.000 €.
– Primeiro accésit: 15.000 €.
– Segundo accésit: 11.000 €.
– Terceiro accésit: 11.000 €.
5. Garantías exixidas:
Provisional: non se exixe.
Definitiva: non se exixe.
6. Obtención da documentación e información:
1º. Dependencia: Secretaría Xeral Técnica. Subdirección Xeral de Xestión Económico- Administrativa.
2º. Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano, Edificio nº 1, 2º andar.
3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.
4º. Teléfonos:
Subdirección Xeral de Xestión Económico-Administrativa: 981 54 42 59.
Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia: 981 55 24 00.
5º. Telefax: 981 54 42 39.
6º. Correos electrónicos:
natalia.lobato.mosquera@xunta.es
adelapuente@colexiodearquitectos.org
7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:
http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=25976
8º. Data límite da obtención de documentación e información: a mesma que para a presentación de solicitudes de participación.
7. Requisitos específicos do contratista:
a) Destinatarios: os descritos na cláusula 4 do prego de bases que rexe neste concurso de ideas.
b) Clasificación: non se exixe.
c) Outros requisitos: os descritos no prego de bases que rexe neste concurso de ideas.
8. Presentación de solicitudes de participación:
a) Data límite de presentación: 14 de xuño de 2016.
b) Documentación que hai que presentar: a sinalada na cláusula 7.2 do prego de bases que rexerá no concurso de ideas.
c) Lugar de presentación. Directamente en:
1º. Dependencia: Oficina do Rexistro Xeral e de Información á Cidadanía do Complexo Administrativo San Caetano.
2º. Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano, s/n.
3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.
4º. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama, télex, fax ou burofax o mesmo día. O número de fax é o 981 54 42 39.
d) Prazo durante o cal o concursante estará obrigado a manter a súa oferta: haberá que aterse ao disposto no prego de bases.
9. Calendario de reunión do xurado: respecto da constitución do xurado e da adopción de acordos haberá que aterse ao disposto no prego de bases que rexerá neste concurso de ideas.
10. Outras informacións:
a) Lingua en que poderán redactarse os documentos: galego e castelán.
b) Os criterios que se empregarán para a avaliación dos traballos presentados ao concurso serán os establecidos na cláusula 5.3 do prego de bases que rexerá neste concurso de ideas.
11. Gastos de publicidade: o importe dos gastos de publicidade será por conta dos gañadores dos premios en partes proporcionais aos importes dos premios obtidos.
12. Data do envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 15 de abril de 2016.
Santiago de Compostela, 18 de abril de 2016
Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza