Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 19 de abril de 2016 Páx. 14296

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se anuncia a licitación, documentalmente simplificada e por prezos unitarios, da subministración sucesiva de material de oficina non inventariable con destino aos órganos xudiciais de Galicia, mediante acordo marco celebrado cun único empresario.

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención da documentación e información:

1º. Dependencia: Secretaría Xeral Técnica.

2º. Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano, Edificio nº 1, 2º andar.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

4º. Teléfono: información de índole técnica: 981 54 62 28 e 981 54 62 29 e información de índole administrativa: 981 54 42 59 e 981 95 78 22.

5º. Telefax: 981 54 42 39.

6º. Correo electrónico:

natalia.lobato.mosquera@xunta.es e rafael.juanatey.mayan@xunta.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=24857

8º. Data límite da obtención de documentación e información: a mesma que para a presentación de solicitudes.

d) Número do expediente: 2016-SUXU 02-LU.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de subministración.

b) Descrición: subministración sucesiva e por prezos unitarios de material de oficina non inventariable para os órganos xudiciais de Galicia.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades:

– Lotes: non leva lotes.

– Número de unidades: as indicadas no anexo B do prego de prescricións técnicas.

d) Lugar e prazo de execución: axustaranse ao indicado na epígrafe M da folla de especificacións.

e) Admisión de prórroga: o contrato non será susceptible de prórroga.

f) CPV: 30197000-6. Material de oficina de pequena envergadura.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: os establecidos na epígrafe J da folla de especificacións.

4. Valor estimado do contrato: 200.000,00 €.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 200.000,00 €.

Importe total: 242.000,00 €.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non se exixe.

Definitiva: 5 % do importe do orzamento base de licitación, IVE incluído.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe. Observarase o disposto na epígrafe E da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

b) Solvencia económica e financeira: deberá xustificarse polos medios sinalados na epígrafe F da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

Solvencia técnica e profesional: deberá xustificarse polos medios sinalados na epígrafe G da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG e finalizará o décimo quinto día natural, ás 14.00 horas, salvo que o último día fose inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: directamente no lugar indicado na letra c) deste punto. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama, télex, fax ou burofax o mesmo día. O número de fax é o 981 54 42 39.

c) Lugar de presentación: Santiago de Compostela.

1º. Dependencia: Oficina do Rexistro Xeral e de Información á Cidadanía do Complexo Administrativo San Caetano.

2º. Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Admisión de variantes: non procede.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas:

a) Lugar: indicarase no perfil do contratante unha vez publicado este anuncio.

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Data e hora: terá lugar en acto público, ás 12.30 horas, o décimo día natural seguinte ao da data de finalización do prazo de presentación das proposicións. De coincidir sábado ou inhábil, trasladarase ao primeiro día hábil seguinte.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 2016

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza