Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 19 de abril de 2016 Páx. 14292

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se anuncia a licitación, documentalmente simplificada e por prezos unitarios, da subministración de mobiliario de oficina con destino aos órganos xudiciais de Galicia, mediante acordo marco celebrado cun único empresario.

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención da documentación e información:

1º. Dependencia: Secretaría Xeral Técnica.

2º. Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano, Edificio nº 1, 2º andar.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4º. Teléfonos: información de índole técnica: 981 54 62 28 e 981 54 62 29 e información de índole administrativa: 981 54 42 59 e 981 95 78 22.

5º. Telefax: 981 54 42 39.

6º. Correo electrónico:

natalia.lobato.mosquera@xunta.es e rafael.juanatey.mayan@xunta.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=24853

8º. Data límite da obtención de documentación e información: a mesma que para a presentación de solicitudes.

d) Número do expediente: 2016-SUXU 01-LU.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de subministración.

b) Descrición: subministración sucesiva e por prezos unitarios de mobiliario de oficina con destino aos órganos xudiciais de Galicia.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades:

– Lotes: non leva lotes.

– Número de unidades: as indicadas no anexo B do prego de prescricións técnicas.

d) Lugar e prazo de execución: axustaranse ao indicado na epígrafe M da folla de especificacións.

e) Admisión de prórroga: o contrato non será susceptible de prórroga.

f) CPV: 39130000-2. Mobles de oficina.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: os establecidos na epígrafe J da folla de especificacións.

4. Valor estimado do contrato: 206.611,57 €.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 206.611,57 €.

Importe total: 250.000,00 €.

6. Garantías exixidas.

Provisional: non se exixe.

Definitiva: 5 % do importe do orzamento base de licitación, IVE incluído.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe. Observarase o disposto na epígrafe E da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

b) Solvencia económica e financeira: deberá xustificarse polos medios sinalados na epígrafe F da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

Solvencia técnica e profesional: deberá xustificarse polos medios sinalados na epígrafe G da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG e finalizará o décimo quinto día natural, ás 14.00 horas, salvo que o último día sexa inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: directamente no lugar indicado na epígrafe c) deste punto. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama, télex, fax ou burofax o mesmo día. O número de fax é o 981 54 42 39.

c) Lugar de presentación: Santiago de Compostela.

1º. Dependencia: Oficina do Rexistro Xeral e de Información á Cidadanía do Complexo Administrativo San Caetano.

2º. Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Admisión de variantes: non procede.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas.

a) Lugar: indicarase no perfil do contratante unha vez publicado este anuncio.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Data e hora: terá lugar en acto público, ás 12.00 horas, o décimo día natural seguinte ao da data de finalización do prazo de presentación das proposicións, de coincidir sábado ou inhábil, trasladarase ao primeiro día hábil seguinte.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 2016

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería
de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza