Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 18 de abril de 2016 Páx. 14073

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2016 pola que se anuncia procedemento aberto para a contratación de servizos de asistencia, diagnóstico e soporte na implantación de solucións de empresa dixital e industria 4.0 para a súa realización en empresas galegas, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 80 % no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, obxectivo temático 3, prioridade de investimento 3d, e do obxectivo temático 1, prioridade de investimento 1b.

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase o procedemento aberto para a contratación de servizos de asistencia, diagnóstico e soporte na implantación de solucións de «empresa dixital» e «industria 4.0» para a súa realización en empresas galegas, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 80% no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, obxectivo temático 3, prioridade de investimento 3d, e do obxectivo temático 1, prioridade de investimento 1b.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), Complexo Administrativo de San Lázaro s/n, 15703 Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección de Servizos Xurídicos.

c) Número de expediente: PA 1/16.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servizos de asistencia, diagnóstico e soporte na implantación de solucións de «empresa dixital» e «industria 4.0» para a súa realización en empresas galegas.

b) División por lotes e número:

Lote

Obxecto

1

Servizo de diagnóstico de capacidades e oportunidades para a aplicación de solucións Industria 4.0.

2

Servizo de diagnóstico para a aplicación de solucións dixitais na empresa.

3

Servizo de acompañamento na posta en marcha de solucións Industria 4.0.

4

Servizo de xeración de modelos e simulación industrial.

5

Servizo de soporte para a adopción e despregamento de solucións en mobilidade.

6

Servizo de asistencia para a adopción de solucións dixitais innovadoras para a mellora da xestión empresarial.

7

Servizo de acompañamento na definición e posta en marcha de estratexias de marketing dixital.

8

Servizo de control, avaliación e difusión do programa.

c) Lugar de entrega: Igape de Santiago de Compostela.

d) Prazo de vixencia: a vixencia estenderase ata a completa execución do contrato e expiración do prazo de garantía ofertado.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria documentalmente simplificada.

b) Procedemento de adxudicación: procedemento aberto suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento base de licitación.

O valor estimado da contratación ascende a 4.720.800,00 €, máis o imposto sobre o valor engadido (IVE) de 991.368 €. Total de 5.712.168,00 €, correspondendo: 1.967.000 € máis 413.070 € de IVE, total de 2.380.070 € ao prazo de vixencia inicial (18 meses); 1.967.000 € máis 413.070 € de IVE, total de 2.380.070 € ao da posible prórroga (18 meses); e 786.800,00 € de IVE, total de 952.028,00 €, á posible ampliación ata o 20 % do prezo máximo de contrato inicial e prórroga, prevista na cláusula 20.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.

O orzamento máximo de licitación inicial (1.967.000 € máis 413.070 de IVE, total 2.380.070 €) desagrégase por lotes e prezos unitarios máximos:

Lotes

Orzamento unitario máximo (sen IVE)

Orzamento máximo por lote (sen IVE)

IVE

Total lote
(IVE incluído)

Lote 1: servizo de diagnóstico de capacidades e oportunidades para a aplicación de solucións industria 4.0.

5.000 €

450.000 €

94.500 €

544.500 €

Lote 2: servizo de diagnóstico para a aplicación de solucións dixitais na empresa.

5.000 €

400.000 €

84.000 €

484.000 €

Lote 3: servizo de acompañamento na posta en marcha de solucións Industria 4.0.

8.000 €

304.000 €

63.840 €

367.840 €

Lote 4: servizo de xeración de modelos e simulación industrial.

8.000 €

96.000 €

20.160 €

116.160 €

Lote 5: servizo de soporte para a adopción e despregamento de solucións en mobilidade.

7.500 €

135.000 €

28.350 €

163.350 €

Lote 6: servizo de asistencia para a adopción de solucións dixitais innovadoras para a mellora da xestión empresarial.

8.000 €

328.000 €

68.880 €

396.880 €

Lote 7: servizo de acompañamento na definición e posta en marcha de estratexias de marketing dixital.

6.000 €

180.000 €

37.800 €

217.800 €

Lote 8: servizo de control, avaliación e difusión do programa.

N/A

74.000 €

15.540 €

89.540 €

O importe desta contratación está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 80 % no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, obxectivo temático 3, prioridade de investimento 3d (lotes 1, 3, 4 e 8), e do obxectivo temático 1, prioridade de investimento 1b (lotes 2, 5, 6 e 7).

5. Garantía provisional: non procede.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Domicilio: Complexo Administrativo de San Lázaro.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

d) Teléfono: 981 54 16 93.

e) Telefax: 981 54 10 92.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite para a presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación, se é o caso: non procede.

b) Solvencia económico-financeira e técnica:

– Solvencia económico-financeira: a empresa deberá acreditar un volume anual de negocios no ámbito a que se refire a presente contratación que, referido ao ano de maior volume de negocio dos tres últimos concluídos, deberá ser, polo menos, 1,5 o valor anual medio do contrato.

– Solvencia técnica ou profesional: a licitante deberá contar cun equipo técnico suficiente para a execución en prazo da totalidade dos servizos obxecto de contrato e para cubrir a dedicación expresada na oferta, que conte con formación mínima de titulación universitaria, e experiencia mínima de 2 anos na prestación de servizos de consultoría similares ao obxecto do lote correspondente, para cada un dos membros do equipo técnico destinado á execución do contrato, o que se acreditará polos medios establecidos nas letras F e G da folla de especificacións.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o día 11.5.2016.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e selado e dentro do prazo sinalado, presentaranse en:

1º. Entidade: Rexistro Xeral do Instituto Galego de Promoción Económica.

2º. Domicilio: Complexo Administrativo de San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

Ou por correo, anunciando ao órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax, telex, telegrama ou correo electrónico conforme o previsto no prego de cláusulas administrativas particulares, que debe ter entrada no Igape antes do termo do prazo de presentación de ofertas, e xustificando a data da imposición do envío na oficina de Correos.

d) Prazo mínimo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 2 meses desde a apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica.

b) Domicilio: Complexo Administrativo San Lázaro, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data de apertura dos sobres B (ofertas técnicas, parte avaliable sen aplicación de fórmulas): 26.5.2016, ás 10.00 horas.

e) Data de apertura dos sobres C (ofertas técnicas, parte avaliable mediante fórmulas e ofertas económicas): 23.6.2016, ás 10.00 horas.

10. Criterios de adxudicación.

Lotes 1-7.

Criterio

Valoración

Prezo.

51 %

Adecuación da metodoloxía aos obxectivos da contratación e grao de especificación do servizo ofertado.

20 %

Calidade derivada da experiencia dos compoñentes dos equipos de traballo que sobrepase á mínima exixida para xustificar a solvencia técnica.

15 %

Calidade derivada da formación dos compoñentes dos equipos de traballo que sobrepase á exixida para xustificar a solvencia técnica da empresa.

7 %

Melloras.

7 %

Lote 8.

Criterio

Valoración

Prezo.

51 %

Adecuación dos servizos propostos ao control, avaliación e difusión do programa.

35 %

Calidade derivada da experiencia dos compoñentes dos equipos de traballo que sobrepase a mínima exixida para xustificar a solvencia técnica.

15 %

Calidade derivada da experiencia do equipo de traballo que sobrepase a mínima exixida para xustificar a solvencia técnica.

7 %

Melloras.

7 %

11. Outras informacións.

12. Gastos de anuncios: 3.800 € máximo. Serán por conta do/s adxudicatario/s, rateándose o importe de forma proporcional entre os adxudicatarios.

13. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 23.3.2016.

14. Páxina web onde figuran as informacións relativas á convocatoria ou onde se poidan obter os pregos: www.igape.es/contratacions

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2016

O director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica
P.S. (Resolución do 17.3.2016)
Pablo Casal Espido
Secretario xeral do Instituto Galego de Promoción Económica