Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 18 de abril de 2016 Páx. 14071

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Estatística

RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 2016 pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo de limpeza nas dependencias deste organismo.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Instituto Galego de Estatística (IGE).

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo Técnico-Xurídico e de Contratación.

c) Nº de expediente: 2016/227.00/01.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23787

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: prestación do servizo de limpeza nas dependencias do Instituto Galego de Estatística.

c) Medio e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia nº 8, do 14 de xaneiro de 2016.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, multicriterio.

4. Valor estimado do contrato: 54.000,00 €.

5. Orzamento base de licitación: importe neto: 27.000,00 €. Importe total: 32.670,00 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 29 de febreiro de 2016.

b) Data de formalización do contrato: 1 de marzo de 2016.

c) Contratista: Limpieza Faro, S.L. CIF: B36608172.

d) Importe de adxudicación: importe neto: 25.650,00 €. Importe total: 31.036,50 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2016

José Antonio Campo Andión
Director do Instituto Galego de Estatística