Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 18 de abril de 2016 Páx. 14079

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Barco de Valdeorras

ANUNCIO para a licitación do contrato de xestión do servizo público de piscina municipal descuberta e bar anexo.

1. Entidade adxudicadora: Concello do Barco de Valdeorras, praza do Concello, número 2, 32300, Ourense. Órgano de contratación: Alcaldía e determinados actos Xunta de Goberno Local.

2. Obxecto: mixto, prestación máis relevante: xestión de servizos.

Descrición: xestión do servizo público de piscina municipal descuberta e bar anexo.

3. Procedemento e tramitación: aberto, urxente. Criterios de adxudicación: segundo a cláusula V do prego administrativo.

4. Valor estimado do contrato: 58.941 euros.

5. Prazo de execución: 1 ano. Posibilidade de prórroga por outro ano.

6. Garantía provisional: non se precisa. Garantía definitiva: 5 % do valor estimado do 1º ano.

7. Obtención de documentación e información: Concello do Barco de Valdeorras, praza do Concello, número 2, 32300, Ourense; teléfono: 988 32 02 02; telefax: 988 32 59 78; correo electrónico: auxiliar.secretaria@concellodobarco.org; perfil de contratante: www.concellodobarco.org.

8. Presentación de ofertas: 8 días naturais desde a última das seguintes publicacións: deste anuncio no DOG ou do anuncio de licitación no BOP ou no perfil de contratante, de acordo coa cláusula IX do prego administrativo.

9. Criterios de adxudicación e apertura de ofertas: segundo se especifica nos pregos.

Criterios de valoración en cifras ou porcentaxes: ata 14 puntos; desempate: traballadores fixos discapacitados.

10. Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional segundo a cláusula XI do prego administrativo.

O Barco de Valdeorras, 11 de abril de 2016

Alfredo L. García Rodríguez
Alcalde