Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 18 de abril de 2016 Páx. 14081

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO de licitación para a contratación, mediante procedemento aberto, do uso e explotación dunha parte da rede pública sen fíos wifi.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Concello de Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

c) Obtención da documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación.

2º. Domicilio: praza do Trigo, nº 2-3º.

3º. Localidade e código postal: Ourense, 32005

4º. Teléfono: 988 26 93 33.

5º. Fax: 988 22 14 94.

6º. Correo electrónico: contratacion@ourense.es

7º. Enderezo da internet do perfil de contratante: www.ourense.es

d) Número de expediente: 2015017357. Ref. 2365.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: especial.

b) Descrición: contratación, mediante procedemento aberto, do uso e explotación dunha parte da rede pública sen fíos wifi do Concello de Ourense.

c) Lugar de execución/entrega: Concello de Ourense.

d) Prazo de execución/entrega: dous anos.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 72510000-3.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación e a súa ponderación:

– Oferta económica: 52 puntos.

– Plataforma de xestión de contidos con capacidades de localización no punto de acceso: 4 puntos.

– Sistema polo que se poida manter unha área restrinxida de navegación con contidos walled garden: 4 puntos.

– Creación dun mapa en liña de localizacións dos puntos de acceso wireless da rede wifi do Concello: 4 puntos.

– Plataforma de xestión de usuarios: con altas, baixas e modificacións de servizos: 4 puntos.

– Aplicación para Android/IOS para a conexión á rede wifi: 4 puntos.

– Sistema de xestión dos consumos de cada un dos puntos de acceso: 4 puntos.

– Interconexión con outros operadores de servizos wireless: 4 puntos.

– Sistema de segmentación e xestión de usuarios en función da súa procedencia: 4 puntos.

– Plan de integración e dinamización local mediante a canle wifi: 4 puntos.

– Campañas de difusión exclusivas da zona wifi de Ourense: 4 puntos.

– Descrición de todas as técnicas de publicidade en liña directa e indirecta que se vaian utilizar: 4 puntos.

– Módulo de xestión de publicidade en liña no portal de acceso: 4 puntos.

4. Orzamento base de licitación:

a) Valor estimado do contrato: 83.883,00 euros.

b) Canon mínimo: 27.961,00 euros. IVE: 5.871,81 euros. Importe total: 33.832,81 euros/ano.

5. Garantías exixidas:

Definitiva: por importe do valor do canon dun ano, IVE excluído.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica-financeira: a que se sinala no artigo 16 (Doc. 4) do prego de cláusulas administrativas.

b) Solvencia técnica: a que se sinala no artigo 16 (Doc. 5) do prego de cláusulas administrativas.

7. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: 15 días naturais, contados a partir do seguinte a aquel en que se realicen as publicacións no BOP e no DOG.

b) Modalidade de presentación: a que se sinala no artigo 11 do prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral.

2º. Domicilio: praza Maior, núm. 1.

3º. Localidade e código postal: Ourense, 32005.

4º. Enderezo electrónico: rexistroxeral@ourense.es

d) Prazo de vinculación da oferta: tres meses contados desde a apertura de proposicións.

8. Apertura das ofertas:

a) Enderezo: Concello de Ourense, praza Maior, núm. 1.

b) Localidade e código postal: Ourense, 32005.

c) Data e hora: anunciarase no perfil do contratante.

9. Gastos de publicidade: o importe dos anuncios será por conta do adxudicatario.

Ourense, 8 de abril de 2016

Jesús Vázquez Abad
Alcalde