Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 18 de abril de 2016 Páx. 14085

VI. Anuncios

b) Administración local

Pazo de Congresos e Exposicións de Pontevedra

ANUNCIO de licitación para a contratación do servizo de mantemento, mediante procedemento aberto, con pluralidade de criterios.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Pazo de Congresos e Exposicións de Pontevedra.

2. Obxecto do contrato.

Descrición do obxecto: servizo de mantemento do Pazo de Congresos e Exposicións de Pontevedra.

Lugar de execución: Pazo da Cultura, Recinto Feiral e Teatro Principal.

Prazo de duración: tres (3) anos con posibilidade de prórroga anual ata un máximo de dous (2) anos máis.

3. Tramitación e procedemento.

Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación: 92.231,35 euros (IVE excluído) e un IVE de 19.368,58 € por ano, sendo o orzamento máximo total, de conformidade co artigo 12 do prego de 557.999,67 euros ( IVE incluido) se o contrato durase o máximo previsto.

Valor estimado: 461.156,75 €.

5. Garantías.

Definitiva: 5 % do prezo de adxudicación anual proposto polo adxudicatario multiplicado por tres anos, excluído o IVE.

6. Obtención de documentación e información.

Información e documentación: Pazo de Congresos e Exposicións de Pontevedra. Rúa Alexandre Bóveda, s/n, 36005 Pontevedra. Teléfono: 986 83 30 61. Fax: 986 87 40 70.

Perfil do contratante do Palacio de Congresos y Exposiciones: https://sede.pontevedra.gal

* Data límite de obtención de documentación e información: solicitarase cunha antelación mínima de nove días naturais á finalización do prazo para presentar ofertas.

7. Presentación de ofertas.

O prazo para presentar as proposicións será o maior que resulte dos seguintes:

– 40 días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación do correspondente anuncio no último dos boletíns no que deba selo (BOP, DOG, BOE, DOUE ou perfil do contratante do Pazo).

8. Documentación que hai que presentar.

A sinalada no artigo 26 do prego de cláusulas administrativas.

9. Lugar de presentación.

No Rexistro Xeral do Pazo de Congresos e Exposicións e, se é sábado, no Rexistro Xeral do Concello de Pontevedra.

10. Apertura de ofertas.

O segundo día hábil, non sábado, posterior a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións, ás 9.30 horas, na Sala de Xuntas do Concello de Pontevedra de conformidade co prego.

11. Criterios de adxudicación.

Os indicados no artigo 29 do prego de cláusulas (prezo, inclusión dun peón a maiores do persoal previsto, mellora relativa á inclusión no prezo de determinados elementos necesarios para realizar os labores de mantemento e programa de xestión).

12. Gastos de anuncios.

A cargo do adxudicatario.

Pontevedra, 29 de marzo de 2016

Miguel Anxo Fernández Lores
Presidente do Pazo de Congresos e Exposicións de Pontevedra