Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 18 de abril de 2016 Páx. 14021

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 18 de marzo de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, de notificación de citacións para recoñecemento no procedemento BS210A (expediente CO-0000058511 e un máis).

Despois de tentar en tempo e forma a práctica das notificacións que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, e tendo en conta que a publicación do seu contido íntegro pode lesionar dereitos e intereses lexítimos, en aplicación do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por medio deste anuncio emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo ou os seus representantes para seren notificados por comparecencia das citacións para valoración que se indican.

Para estes efectos, así como para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, os interesados ou os seus representantes debidamente acreditados poderán comparecer, no prazo de dez días a contar desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal, da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social, sitas na rúa Concepción Arenal, núm. 7 da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida para todos os efectos legais a partir do día seguinte ao do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Advírtese que, de non presentarse á cita, e de conformidade co establecido no artigo 27.3 do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes, e no artigo 92 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, paralizarase o procedemento, de tal forma que, unha vez transcorridos tres meses sen realizar as actividades necesarias para continuar a tramitación, se producirá a caducidade do procedemento, salvo causa de forza maior acreditada e acordarase o arquivamento de actuacións, o cal será notificado aos interesados.

A Coruña, 18 de marzo de 2016

Mª Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente

Apelidos e nome

CO-0000058511

Arnejo Liñares, Antonio

CO-0000059055

Dos Santos Pinto Tapadas, Carlos