Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 18 de abril de 2016 Páx. 14023

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 18 de marzo de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, de requirimentos de documentación derivados do procedemento BS210A (expediente CO-0000053093 e cinco máis).

Despois de tentar en tempo e forma a práctica das notificacións que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, e tendo en conta que a publicación do seu contido íntegro pode lesionar dereitos e intereses lexítimos, en aplicación do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por medio deste anuncio emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo, ou os seus representantes, para seren notificados por comparecencia dos requirimentos de emenda das solicitudes e de documentación que se indican.

Para estes efectos, así como para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, os interesados, ou os seus representantes debidamente acreditados poderán comparecer, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social, sitas na rúa Concepción Arenal, núm. 7 da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida para todos os efectos legais a partir do día seguinte ao do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Advírtese que no caso de requirimentos de documentación necesaria, de conformidade co disposto no artigo 24 do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes, e no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a documentación solicitada deberá ser presentada no prazo de 10 días desde a notificación do requirimento, entendéndose, no caso contrario, que o interesado desiste da súa petición, logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 42 da citada lei.

No caso de requirimentos de documentación necesaria e complementaria, de non cumprir co requirido, e de conformidade co establecido no artigo 35.2 do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, e no artigo 92 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, terase por interrompido o prazo para resolver e notificar. Transcorridos 3 meses sen que a persoa requirida realice as actividades esenciais para continuar a tramitación, a Administración declarará a caducidade do procedemento e acordarase o arquivo das actuacións, o cal será notificado aos interesados.

A Coruña, 18 de marzo de 2016

Mª Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Contido do acto

Nº de expediente-apelidos e nome

Requirimento de documentación obrigatoria

CO-0000053093 (SISAAD12-15/008432/2014-90) Sánchez López, José

Requirimento de documentación obrigatoria

CO-0000046173 Fragoso Díaz, Jesús

Requirimento de documentación complementaria

CO-0000046173 Fragoso Díaz, Jesús

Requirimento de documentación complementaria

CO-0000031765 (SAAD12-15/3740096/2010-55) Novo Sánchez, María

Requirimento de documentación complementaria

CO-0000014779 (SAAD12-15/1591973/2009-17) González Míguez, Carmen

Requirimento de documentación obrigatoria

CO-0000059066 (SISAAD12-15/194701/2016-22) Naharro Núñez, Juan Luis