Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 15 de abril de 2016 Páx. 13865

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 4 de abril do 2016 pola que se fai pública a adxudicación do contrato correspondente ao expediente 1/12, microscopio electrónico de varrido con sistema de microanálises EDS e micromanipuladores para realizar medidas de condutividade e óptica durante a observación.

Expediente 1/12.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: subministracións.

b) Descrición do obxecto: microscopio electrónico de varrido con sistema de microanálises EDS e microamanipuladores para realizar medidas de condutividade e óptica durante a observación.

c) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG.

d) Data de publicación do anuncio de licitación: 30.1.2012.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación:

a) Procedemento: aberto.

b) Tramitación: ordinaria.

4. Valor estimado do contrato: 192.990 euros.

5. Orzamento base de licitación: 192.990 euros e IVE que soportará: 34.738,20 euros.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 22.3.2012.

b) Data de formalización do contrato: 9.4.2012.

c) Contratista: Izasa Distribuciones Técnicas, S.A.

d) Importe de adxudicación: 192.990 euros e IVE que soportará: 34.738,20 euros.

7. Outras informacións:

Proxecto MEC (cofinanciado con fondos Feder-proxecto MAT2010-15374). Data límite de xustificación destes fondos é o 31 de decembro de 2013.

Vigo, 4 de abril de 2016

P.D. (Resolución do 7.5.2014; DOG do 13 de maio)
Manuel Fernández Jáuregui
Xerente da Universidade de Vigo