Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 15 de abril de 2016 Páx. 13867

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO de adxudicación de contratos cofinanciados con fondos Feder para actuacións de Administración electrónica e cidadáns en rede, Programa operativo de economía baseada no coñecemento 2007-2013, con cargo ao Plan de impulso da Administración electrónica das entidades locais da provincia.

Para os efectos oportunos, publícase que os contratos que seguidamente se relacionan se atopan cofinanciados nun 50,8575 % con fondos Feder, Convocatoria 2015, de axudas do Feder para actuacións de Administración electrónica e cidadáns en rede. Programa operativo de economía baseada no coñecemento 2007-2013, con cargo ao proxecto: Plan de impulso da Administración electrónica das entidades locais da provincia.

Contratación da subministración de licenzas dun aplicativo de contabilidade para diferentes entes locais da provincia, cun importe de 3.260,87 €/licenza (IVE incluído), adxudicado o 30 de marzo de 2010 a Wurth, S.L.

Ourense, 28 de marzo de 2016

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense