Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 15 de abril de 2016 Páx. 13861

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 14 de abril de 2016 pola que se anuncia a licitación mediante procedemento aberto, tramitación ordinaria e documentalmente simplificado, para a contratación de prestación de servizos de transporte sanitario non urxente e do transporte urxente interhospitalario (expediente AB-SER4-16-003).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: AB-SER4-16-003.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servizos de transporte sanitario non urxente e do transporte urxente interhospitalario polo Servizo Galego de Saúde na Comunidade Autónoma de Galicia.

b) División por lotes e número: si, 7 lotes.

c) Lugar de execución: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Prazo de execución: catro anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: ata un máximo de 100 puntos, atendendo aos seguintes criterios:

A) Criterios non avaliables de forma automática:

Concepto

Puntuación

Criterios non avaliables de forma automática (sobre B) total 30 puntos

Plan de formación

0-10

Plan de renovación de vehículos

0-15

Melloras dos vehículos

0-5

B) Criterios avaliables de forma automática:

Concepto

Puntuación

Criterios avaliables de forma automática (sobre C) total 70 puntos

Oferta económica

0-40

Antigüidade dos vehículos

0-15

Vehículos adicionais

0-15

4. Orzamento base de licitación: 79.485.545,60 €, con cargo ás anualidades seguintes:

Exercicio

Importe

2016

  6.623.795,46

2017

19.871.386,40

2018

19.871.386,40

2019

19.871.386,40

2020

13.247.590,94

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Garantía definitiva: 5 % do importe de licitación de cada lote:

Lote

Importe garantía

Lote 1

574.918,30

Lote 2

318.085,69

Lote 3

499.441,50

Lote 4

661.107,11

Lote 5

726.474,43

Lote 6

698.472,06

Lote 7

495.778,20

7. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Servizo Galego de Saúde.

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, 2º andar.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: 881 54 27 78.

e) Telefax: 881 54 27 62.

f) Data límite de obtención de documentos e información: antes das 14.00 horas do vixésimo día hábill contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.

8. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver punto 6.6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do vixésimo día hábil contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade, Servizo Galego de Saúde (ver número 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares).

d) Prazo no cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura das proposicións para a adxudicación (artigo 161 TRLCSP) ampliable en quince días hábiles nos supostos do artigo 152.3 TRLCSP).

e) Admisión de variantes: non.

10. Apertura das proposicións: a data, a hora e o lugar de celebración das mesas de apertura dos sobres B e C publicaranse no perfil do contratante www.sergas.es

11. Outras informacións: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Gastos de anuncios: si, por conta do adxudicatario. Ver número 6.6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

13. Páxina web onde obter información relativa á convocatoria ou onde se poden obter os pregos: perfil do contratante: www.sergas.es

Santiago de Compostela, 14 de abril de 2016

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo
Xerente do Servizo Galego de Saúde