Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 15 de abril de 2016 Páx. 13791

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (244/2015).

María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 244/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Daniel Omar Rilo Bonseiro contra Impresiones Eurocolor, S.L., Soloprint Artes Gráficas, S.L., Fogasa, Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Decreto.

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades

Santiago de Compostela, 29 de marzo de 2016.

Antecedentes de feito.

Primeiro. Daniel Omar Rilo Bonseiro presentou demanda de execución fronte a Impresiones Eurocolor, S.L., Soloprint Artes Gráficas, S.L., Fogasa.

Segundo. Ditouse auto en que se despacha execución en data 22.10.2015 por un total de 114.666,89 euros de principal (12.123,67 euros en concepto de indemnización pola extinción da relación laboral e a suma de 102.543,22 euros en concepto de salarios de tramitación) e a cantidade de 11.466,68 euros.

Terceiro. Non se encontraron bens susceptibles de traba e deuse a preceptiva audiencia ao Fondo de Garantía Salarial.

Fundamentos de dereito

Único. - Dispoñen os artigos 250 e 276 da LXS que, de non se ter coñecemento da existencia de bens suficientes do executado en que facer traba e embargo, se practicarán as indagacións procedentes e, de seren infrutuosas, total ou parcialmente, a letrada da Administración de xustiza da execución ditará decreto de insolvencia tras oír o Fondo de Garantía Salarial e a parte demandante.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva

Acordo:

a) Declarar os executados Impresiones Eurocolor, S.L., Soloprint Artes Gráficas, S.L., en situación de insolvencia total por importe de 114.666,89 euros de principal (12.123,67 euros en concepto de indemnización pola extinción da relación laboral e a suma de 102.543,22 euros en concepto de salarios de tramitación) e a cantidade de 11.466,68 euros, insolvencia que se entenderá, para todos os efectos, como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución, se a partir deste momento se coñecen novos bens do executado.

c) Procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos. Será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta con expresión da infracción cometida nesta a xuízo do recorrente, art. 188 da LXS. O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para impugnar de 25 euros, na conta nº 0049 3569 9200 0500 1274 no Banco Santander, S.A. e deberá indicar no campo concepto, “recurso” seguida do código “31 Social-Revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo coa indicación “recurso” seguida do “31 Social-Revisión de resolucións letrado da Administración de Xustiza”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

E para que sirva de notificación en legal forma a Impresiones Eurocolor, S.L., Soloprint Artes Gráficas, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 29 de marzo de 2016

A letrada da Administración de xustiza