Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 15 de abril de 2016 Páx. 13788

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (294/2015).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de Xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 294/2015 deste Xulgado do Social, seguido por instancia de Germán Sánchez Lado contra Ambugallegas, S.L., Fogasa, Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Decreto.

Letrada da Administración de Xustiza, María Teresa Vázquez Abades.

En Santiago de Compostela o vinte e oito de marzo de dous mil dezaseis.

Antecedentes de feito.

Primeiro. Germán Sánchez Lado presentou demanda de execución fronte a Ambugallegas, S.L., Fondo de Garantía Salarial.

Segundo. Ditouse auto despachando execución con data do 22.1.2016 por un total de 3.123,39 euros (2.321 euros de salarios e vacacións + 801,52 euros de intereses de 29.3 do ET) e de 312,33 euros, que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan percibir durante a execución e as costas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Terceiro. Non se encontraron bens susceptibles de traba e deuse a preceptiva audiencia ao Fondo de Garantía Salarial.

Fundamentos de dereito.

Único. Dispoñen os artigos 250 e 276 da LXS que, de non se ter coñecemento da existencia de bens abondo do executado nos que facer traba e embargo, practicaranse as indagacións procedentes e de ser infrutuosas, total ou parcialmente, a letrada da Administración de Xustiza da execución ditará decreto de insolvencia tras oír ao Fondo de Garantía Salarial e á parte actora.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva.

Acordo:

a) Declarar ao executado Ambugallegas, S.L., en situación de insolvencia total por importe de 3.123,39 euros ( 2.321 euros de salarios e vacacións + 801,52 euros de intereses de 29.3 do ET) e de 312,33 euros que se fixan provisionalmente en concepto de intereses que, se é o caso, poidan percibirse durante a execución e as costas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reaperturar a execución, se a partir deste momento se coñecen novos bens do executado.

c) Procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

Notifíquese ás partes, facéndoos saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados, e no seu caso os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin, producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas ata tanto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, dirección electrónica ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta con expresión da infracción cometida nesta a xuízo do recorrente, art. 188 da LXS. O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta nº 0049 3569 9200 0500 1274 no Banco Santander, S.A. debendo indicar no campo concepto, “recurso” seguida do código “31 Social-Revisión de resolucións Letrado da Administración de Xustiza”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo coa indicación “recurso” seguida do “31 Social-Revisión de resolucións Letrado da Administración de Xustiza”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución recorrida utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

E para que sirva de notificación en legal forma a Ambugallegas, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no DOG.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

Santiago de Compostela, 28 de marzo de 2016

A letrada da Administración de xustiza