Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 15 de abril de 2016 Páx. 13774

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2016, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproba a relación definitiva de admitidos e excluídos do concurso (F0116) para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, escala superior de estatísticos, e do corpo de xestión da Xunta de Galicia, escala técnica de estatísticos, convocado pola Resolución do 18 de xaneiro de 2016.

Mediante a Resolución do 4 de marzo de 2016 (DOG núm. 50, do 14 de marzo) publicáronse as relacións provisionais de admitidos e excluídos no concurso para a provisión de postos vacantes do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, escala superior de estatísticos, e do corpo de xestión da Xunta de Galicia, escala técnica de estatísticos, convocado pola Resolución do 18 de xaneiro de 2016 (DOG núm. 50, do 14 de marzo). Transcorrido o prazo que se establece nela para presentar as correspondentes alegacións, unha vez examinadas estas, esta dirección xeral

RESOLVE:

Elevar a definitivas as relacións de solicitantes admitidos e excluídos no concurso para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo superior da Administración xeral da Xunta de Galicia, escala superior de estatísticos, e do corpo de xestión da Xunta de Galicia, escala técnica de estatísticos.

A lista de solicitantes admitidos pódese consultar no portal web da Xunta de Galicia (www.xunta.gal), na epígrafe Función pública autonómica.

Non resultou ningún solicitante excluído.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o director xeral da Función Pública, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou poderase impugnar directamente ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, segundo a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 11 de abril de 2016

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública