Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 15 de abril de 2016 Páx. 13773

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 8 de abril de 2016, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as de minas, convocado pola Orde do 9 de maio de 2014 (Diario Oficial de Galicia número 99, do 26 de maio), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Na sesión do 30 de marzo de 2016, o tribunal nomeado pola Orde do 18 de febreiro do 2015 (DOG núm. 38, do 25 de febreiro), modificada pola Orde do 17 de marzo de 2015 (DOG núm. 55, do 23 de marzo) pola que se nomea o tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as de minas, convocado pola Orde do 9 de maio de 2014 (DOG núm. 99, do 26 de maio),

ACORDOU:

Primeiro. Convocar para a realización do cuarto exercicio ao aspirante que, de acordo co disposto na base II.2.4 da convocatoria, non presentou a documentación xustificativa de estar en posesión do Celga 4, ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo): Maximino Coto Aller (DNI 37383442R).

Segundo. Que o cuarto exercicio da fase de oposición terá lugar o día 21 de abril de 2016 e que o lugar de realización será a Sala D da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (edificio da Pirámide San Caetano, s/n, Santiago de Compostela), en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas.

O aspirante deberá ir provisto de DNI, ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade a xuízo do tribunal, e bolígrafo de tinta azul.

Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro instrumento de que se poida valer o aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 8 de abril de 2016

Miguel Ángel Veiga Campo
Presidente do tribunal