Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 14 de abril de 2016 Páx. 13576

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (5218/2014 MCR).

Tipo e número de recurso: RSU recurso de suplicación 5218/2014 MCR

Xulgado de orixe/autos: procedemento ordinario 580/2013. Xulgado do Social número 4 de Vigo

Recorrente: Jesús Manuel Acuña Domínguez

Avogado: Roxelio Fernández Portela

Recorridos: Consycar, S.L., Granitos de Vigo, S.A., Mapfre, S.A., Nationale Nederlandem e Seguros Catalana Occidente

M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 5218/2014 MCR desta sección, seguido por instancia de Jesús Manuel Acuña Domínguez contra Consycar, S.L., Granitos de Vigo, S.A., Mapfre, S.A., Nationale Nederlandem e Seguros Catalana Occidente, sobre outros dereitos de Seguridade Social, ditouse resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Que procede aclarar a resolución desta sala de data 22 de febreiro de 2016, ditada nas presentes actuacións, e queda a súa parte dispositiva como segue:

“Que estimando parcialmente o recurso de suplicación interposto por Jesús Manuel Acuña Domínguez contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 4 de Vigo con data 2 de setembro de 2014 debemos revogar e revogamos parcialmente a dita resolución e con estimación parcial da demanda formulada polo recorrente debemos declarar e declaramos o seu dereito ao aboamento da indemnización de 50.000 €, e condenamos solidariamente os demandados Consycar, S.L. e Granitos de Vigo, S.A. ao seu recoñecemento e aboamento, e coa absolución de Mapfre Seguros de Empresa, S.A., Nationale Nederlandem e Seguros Catalana Occidente”.

Notifíqueselles ás partes advertíndolles que contra esta resolución non cabe recurso ningún, salvo o que coubese contra a resolución aclarada.

Así, por este o noso auto, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Granitos de Vigo, S.A., expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 9 de marzo de 2016

A letrada da Administración de xustiza